jueves, 31 de mayo de 2012

Quéixate.Comprométete

Hai que queixarse.Por moito que nos leven dito toda a vida que está mal.Hai que queixarse para conseguir o que se quere.Non podemos esperar que as nosas aspiracións na vida se cumplan soas,que veñan a nós sen máis.Por iso,hai que moverse,comprometerse con algo;loitar polos nosos dereitos,polo que cremos xusto.Hai que moverse.Todas as xeracións se moveron,TODAS,e nós non podemos ser menos.Dende a Revolta Irmandiña ata Maio do 68.Os que somos aínda novos deberíamos aprender e imitalos,porque se algo non está ben,pode cambiarse.E os maiores,ou os vellos,ou como se lles chame,deberían deixar de mover o mundo desde un sillón dunha habitación dunha casa de luxo das Bahamas e permitir que as xeracións que vamos herdar o mundo sexamos quen de decidir o noso destino.Podemos cambiar o mundo,máis xente o fixo antes ca nós.

sábado, 26 de mayo de 2012

17 anos 17

Hoxe cumplo 17 anos.Manda carallo.Pensei que nunca o faría.17 anos.Vaia animalada.Non me parei a contalos,pero son moitos días,e máis horas aínda.17 vraos,igual que outros tantos invernos,e outonos e primaveras...E os que aínda me quedan. Non me sinto mellor que cando tiña 16.Nin peor.Pero,o ano que ven,xa vou ter 18.Sí,podo conducir,beber alcohol,votar...e aparte diso,nada importante.De feito,non me chama a idea de ser maior de idade.Non quero ser maior,nin vello.Ata agora,podo facer moitas cousas que a un maior se lle negarían,polo simple feito de que aínda podo xustificalo decindo que non estou "formado".Vivo ben,aínda que teña que ir ao instituto e estudar e todo iso. Tamén me carretan meus pais a onde quero,paganme todo,non teño que traballar... Nestes 17 anos fixen moitas cousas,algunhas dignas de mencionar,e outras bastante patéticas.Quédome con que fixen algúns(os que din moitos,minten)moi bos amigos,e coñecín tamén a moitísima xente xenial.Aprendin a tocar a guitarra e o saxo,toquei e toco nun grupo,fun a algún que outro concerto,aprendín moitas cousas sobre moitas cousas e intentei sempre pasalo o mellor posible.Casi me mato en Manzaneda,coñecín a Beiras,buf,sabe Deus o que fixen... Ademáis,non pode ser só coincidencia que nacera o mismo ano que morreu Rory Gallagher. Non sei que será de min dentro de 17 anos,pero,con que me vaia como ata agora,confórmome. Para resumir 17 anos en video...é difícil.Igual o vídeo que mellor os define é:

lunes, 21 de mayo de 2012

Gastropunk dende a Ría de Muros??...Caralludo!

Posiblemente,Terbutalina non é o grupo tecnicamente máis dotado de Galiza;nin o dos membros máis guapos;nin o das mellores letras;nin os que mellor soan;nin os que mellor cantan;nin os máis reivindicativos;nin os máis comerciais;nin os máis NADA Pero son os amos.Sóbralles actitude(eu imaxino que The Stooges serían igual cando empezaron).Cando están no escenario,oblígante a ser feliz.Como se moven,como...non podo explicalo. De feito,hai que ter un don especial para facer cancións que,a priori,parezan tan simples como "Canto Moderno" ,logo,se che queden na cabeza.E fano.E non podes deixar de pensar na canción.E chega o mestre,e ti pensando que deixa bigote por non ter barba...Ou desexas falar con seseo e jeada nas clases de lingua.Porque non podes deixar de admiralos.Eu,ao menos,non podo...

jueves, 17 de mayo de 2012

Feliz Día das Letras Galegas

Hoxe é 17 de Maio,un ano máis.Un día para celebrar todos aqueles que nos expresamos na nosa lingua.Que nos sentimos orgullosos dela. Para que hoxe nós poidamos celebrar este día foi necesario o esforzo de centos,de miles de persoas que,uns dende o anonimato e outros dándose a coñecer,loitaron polos dereitos do galego e dos galegos.Xente que fixo que a nosa lingua pasara da clandestinidade franquista (ou do rexeitamento e desuso durante os Séculos Escuros) a ser un vehículo de transmisión cultural tan válido como o castelán,ou calquera outra das linguas que hoxe en dia están en alza(parece que o futuro pasa por deixalo todo e aprender inglés,e chino).A algúns destes grandes persoeiros xa se lled dedicou o día das letras( Castelao,Curros,Cunqueiro,Rosalía,Valentín Paz Andrade este ano...)pero son unha cifra moi pequena en comparación cos que aínda quedan,e posiblemente nunca recibirán máis recompensa que a de ver como a nosa lingua perdura no tempo,tan forte como nos seus anos de esplendor(que algún tivo,e espero que terá) É triste que ultimamente o uso do galego na fala esté a decaer de semellante maneira.Hoxe en día,rapaces da miña idade,e sobre todo de ahí cara atrais,empregan o galego en moita menor medida que o facían os nosos pais e avós,tendo en conta que eles vivían baixo a represión dunha dictadura.Nós,non.Ou,ao menos,non dunha dictadura abertamente declarada.O galego queda pras vacas,e para falar cos avós.Entre os amigos fálase castelán,e iso é tan certo como que dous e dous son catro.Moitas veces empregamos o pretexto de dicir:"Eu falo castelán a quen me fala castelán" e,raíz desto,podemos ver a diario a un da Pontenova falarlle en castelán a un de Lourenzá(por poñer un exemplo).O galego está deixando de ser a lingua da mocidade,e iso non pode ser.Deberiamos replantexarnos o asunto moi seriamente TODOS(académicos,políticos e cidadáns) se non queremos que en un par de centos de anos,o galego sexa unha lingua morta que se estude no Bacharelato de Humanidades,da mesma forma que se fai co grego e o latín. En resumo: A disfrutar do día.Pero lembremos que o día das Letras deben ser os 365 días do ano. Para irse,música en galego.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Baby,here I am

Eu son Nuno,e este é o meu blog.Non son ninguén especial:un gran deportista,unha estrela do rock ou o tipo máis dotado do mundo en ningún aspecto.Son unha persoa máis ou menos normal,con algunhas cousas raras,pero nada preocupante dende o punto de vista clínico.Logo de dous anos de barbeito,comezo a escribir realmente no MEU blog(qué ben soa)coa intención de facelo a miúdo,e contar así qué se me pasa pola cabeza,lamentarme de vez en cando,falar tamén do que me gusta...O que digo,nada fóra do normal.