jueves, 17 de mayo de 2012
Feliz Día das Letras Galegas
Hoxe é 17 de Maio,un ano máis.Un día para celebrar todos aqueles que nos expresamos na nosa lingua.Que nos sentimos orgullosos dela.
Para que hoxe nós poidamos celebrar este día foi necesario o esforzo de centos,de miles de persoas que,uns dende o anonimato e outros dándose a coñecer,loitaron polos dereitos do galego e dos galegos.Xente que fixo que a nosa lingua pasara da clandestinidade franquista (ou do rexeitamento e desuso durante os Séculos Escuros) a ser un vehículo de transmisión cultural tan válido como o castelán,ou calquera outra das linguas que hoxe en dia están en alza(parece que o futuro pasa por deixalo todo e aprender inglés,e chino).A algúns destes grandes persoeiros xa se lled dedicou o día das letras( Castelao,Curros,Cunqueiro,Rosalía,Valentín Paz Andrade este ano...)pero son unha cifra moi pequena en comparación cos que aínda quedan,e posiblemente nunca recibirán máis recompensa que a de ver como a nosa lingua perdura no tempo,tan forte como nos seus anos de esplendor(que algún tivo,e espero que terá)
É triste que ultimamente o uso do galego na fala esté a decaer de semellante maneira.Hoxe en día,rapaces da miña idade,e sobre todo de ahí cara atrais,empregan o galego en moita menor medida que o facían os nosos pais e avós,tendo en conta que eles vivían baixo a represión dunha dictadura.Nós,non.Ou,ao menos,non dunha dictadura abertamente declarada.O galego queda pras vacas,e para falar cos avós.Entre os amigos fálase castelán,e iso é tan certo como que dous e dous son catro.Moitas veces empregamos o pretexto de dicir:"Eu falo castelán a quen me fala castelán" e,raíz desto,podemos ver a diario a un da Pontenova falarlle en castelán a un de Lourenzá(por poñer un exemplo).O galego está deixando de ser a lingua da mocidade,e iso non pode ser.Deberiamos replantexarnos o asunto moi seriamente TODOS(académicos,políticos e cidadáns) se non queremos que en un par de centos de anos,o galego sexa unha lingua morta que se estude no Bacharelato de Humanidades,da mesma forma que se fai co grego e o latín.
En resumo: A disfrutar do día.Pero lembremos que o día das Letras deben ser os 365 días do ano.
Para irse,música en galego.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Entradaza! Encantoume! :)
ResponderEliminar